martes, 31 de marzo de 2020

SESIÓN 1 DE PSICOMOTRICIDADE

Ola a todos e todas!

Que tal? Espero que esteades pasando isto o mellor posible, coa familia, axudando, facendo xuntos cousas diferentes e aprendendo cousiñas novas.

É importante mover o corpo, e sobre todo nestes intres. Así que, ánimo! Podedes facelas toda a familia xunta e así desfrutar uns dos outros, de seguro que será unha nova experiencia para moitos de vós.

Algunhas cousas poderedes facelas sen problema, e outras resultaranvos máis difíciles, pero non vos preocupedes, non pasa nada! Son voluntarias, podedes modificalas, adaptalas, e inventar outras novas. O obxectivo é facer un pouco de exercicio físico e moverse!


Moito ánimo para todos!
Saúdos do profe David!

ESCOLLE UN ANIMAL

A partir das cancións do profe Xabi, propoñémosvos unha pequena actividade. Debedes de escoller un dos animais que aparecen nas cancións e describilo. Para iso, deixámosvos aquí unha pequena axuda.  

XABI LONGUEIRÓN (PARTE III)

O profe Xabi mándavos a terceira parte do seu concerto, para que sigades bailando, cantando e desfrutando. Atentos á primeira canción...sabemos que vos gusta moito! Un bico enorme!

VÍDEO: ARCO DA VELLA


Aquí vos deixamos o vídeo cos Arcos da Vella que nos enviástedes e os nosos. Moitas gracias pola vosa colaboración. Esperamos que vos guste. Dende o equipo de infantil mandámosvos moito ánimo e unha aperta moi moi grande.

 
 #todovaisaírben #estamosconvós #nósquedamosnacasa

viernes, 27 de marzo de 2020

A OCA DEPORTISTA

Hoxe deixámosvos un xogo para que practiquedes en familia durante a fin de semana. Se non tedes impresora podedes facelo vós mesmos na casa coa axuda d@s peques, debuxando nun folio, que eles decoren e... a xogar! Esperamos que o desfrutedes moito! Ánimo!
                                                                         ⇩
                                                             A OCA DEPORTISTA

miércoles, 25 de marzo de 2020

LEARNING IN ENGLISH

Ola a todas e todos! 

Aquí vos deixamos unha serie de vídeos que nos trouxo o profe de inglés para repasar:


Hello Song
The Color Song
Kids Vocabulary
Five Little Ducks

E como non, tamén vos quere facer chegar a importancia de lavar mans durante estes días:
Wash Your Hands


Moito ánimo e forza familias! Todo vai saír ben! 😊

lunes, 23 de marzo de 2020

POESÍA

O pasado sábado, día 21 de marzo, celebrouse o Día da Poesía. Por ese motivo, decidimos enviarvos unha pequena proposta a través do poema "Parece unha rosa" da nosa querida Rosalía de Castro. Este está presente tamén no concerto do profe Xabi, a través da canción Rocksalía. Esperamos que vos guste moito! Aquí vos deixamos o correo para que nos enviedes as vosas creacións: infantilcarral@gmail.com


            ↑
 Aquí tedes a proposta! 😊


XABI LONGUEIRÓN (Parte II)


Aquí está a segunda parte do concerto de Xabi Longueirón! Esperamos que vos guste tanto como a nós, e que a desfrutedes moito bailando e cantando en familia.

♫ #todovaisaírben #estammosconvós #istoparámoloentretodos ♫
                                              ⬆
                Podedes acceder ao vídeo clicando aquí.

jueves, 19 de marzo de 2020

XABI LONGUEIRÓN (Parte I)

Aquí vos deixamos ao profe Xabi amenizándonos estes días coas súas cancións que tanto nos gustan. Esperamos que as desfrutedes moito, cantando e bailando en familia! Ánimo a todos e todas! E recordade: todo vai saír ben!


#nósquedamosnacasa #amoveroesqueleto #desfrutemosxuntos


P.D: Non se poden deixar comentarios no vídeo de YouTube, xa que é un contido para nen@s. Pero se o desexades, sí o podedes facer por aquí ;)

miércoles, 18 de marzo de 2020

RECEITA PARA FACER PLASTILINA


Aquí vos deixamos unha receita moi sinxela para que fagades cos vosos pequenos e pequenas. Imos a ver o lado bo deste encerro, aproveitar a pasar tempo con el@s e divertirnos.

#entretodospodemos #estamosconvós #todovaisaírben

MANDALA



A actividade de colorear mandalas axuda á  focalizar a atención, polo tanto, beneficiosa para despexar a nosa mente e relaxarnos.
Nos momentos que estamos a vivir, por esta pandemia, se lle engadimos a situación persoal de cada familia, son momentos de alarma social, que os nenos e nenas perciben como incertidumbre e que lles pode xerar preocupación ou angustia. Precisamos entre todos, transmitirlles, calma e tranquilidade.
Entre todos podemos!!!


#TODOVAISAÍRBEN#EUQUEDONACASA#

EXPERIMENTO

Continuamos coa importancia de lavar as mans... e que mellor maneira de facerlles entender a importancia dunha boa hixiene que a través dun pequeno experimento? Deixámosvos aquí os pasos a seguir e o enlace ao vídeo.

 #NÓSQUEDAMOSNACASA#TODOVAISAÍRBEN#ESTAMOSCONVÓS


lunes, 16 de marzo de 2020

ARCO DA VELLA

FAMILIAS, QUE VOS PARECE SE ENCHEMOS AS FIESTRAS DE CARRAL CON CARTEIS DO ARCO DA VELLA? 
ENTRE TODOS/AS E SEGUINDO A INICIATIVA XURDIDA EN ITALIA, FAGAMOS QUE AS CORES, E OS NENOS  E NENAS, SEXAN OS PROTAGONISTAS!!

Deixamos o enlace cun modelo, que se pode imprimir, e ou ben facer algo similar. Cando o teñades feito, enviade foto, se queredes, sen que se vexa a cara de ninguén, á seguinte dirección de correo infantilcarral@gmail.com. Coas fotos faremos un vídeo e publicarémolo na páxina do cole. 

#TODOVAIRSAIRBEN#EUQUEDONACASA

LAVADO DE MANS

DEIXAMOS UN XOGO SINXELO PARA CONCIENCIAR A TODOS E TODAS DA IMPORTANCIA DE LAVAR AS MANS

GRAZAS FAMILIAS!! 



domingo, 15 de marzo de 2020

PEQUENAS RECOMENDACIÓNS


  • PRECISAN DE RUTINAS POLO QUE É MOI IMPORTANTE INTENTAR FACER O MESMO HORARIO QUE CANDO VEÑEN Á ESCOLA, TANTO PARA LEVANTARSE COMO PARA DURMIR.
  • Vestirse de xeito autónomo, aproveitando que temos máis tempo e non hai presas..
  • Xogar con pezas, bonecos, coches, crebacabezas,....
  • Evitar a exposición continua a pantallas: televisión, tabletas, ordenador, teléfonos…
  • Colaborar nas tarefas da casa: poñer a mesa, recoller a roupa, ordear os seus xoguetes.
  • Ler contos: podedes preguntarlles despois que pasaba na historia, describir o personaxe principal, onde ocorría o conto, cal é a portada e a contraportada..
  • Escoitar música de todo tipo, bailar, facer ritmos...
  • Xogos coñecidos por todos que estimulan a actividade física como o encondite, a pita cega, vexo-vexo.
  • Podedes aproveitar para facer con eles alguna receita na que poidan colaborar segundo a súa idade, identificando ingredientes, cantidades, axudando a amasar, escribindo a receita ou sacando fotos do proceso. 
  • Así mesmo podemos ofrecerlles algún tipo de recursos como plastilina, masa, arxila ou barro, estimulando así a súa creatividade e a motricidade fina.
  • Xogos de ensartar botóns, abalorios. Abotoar e desabotoar, subir e baixar cremalleiras, abrir candados, seriar tapóns de cores…
  • Actividades relacionadas coa arte por medio de materiais como pinturas, lápices, acuarelas, esponxas, rotuladores…


ALGUÉN ME PODE EXPLICAR QUE É O CORONAVIRUS?

Para os nenos e nenas, son momentos de incerteza, xa que non entenden o que está a pasar, nin a razón polo que se interrompe a súa rutina escolar.
Debemos darlles tranquilidade e explicarlles o que nos pregunten, adaptando sempre as respostas á súa idade. 
Deixamos un pequeno enlace para que poidades ver con eles e axudarvos nas vosas explicacións. 
ALGUÉN ME PODE EXPLICAR QUE É O CORONAVIRUS?

Comezamos!!!!

Benqueridas familias:

Todo o equipo de educación Infantil do cole dos vosos fillos e fillas, crea este blog para poder colaborar e favorecer a aprendizaxe de xeito lúdico con diferentes enlaces, recursos e actividades, co obxectivo tamén de entreter nestes días.  
Agradecemos a vosa colaboración e implicación.
Moitos bicos e apertas virtuais para tod@s!!!!