jueves, 30 de abril de 2020

UNHA SORPRESIÑA...

MOI BOAS TARDES FAMILIAS!!

VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UN ÚLTIMO VÍDEO POR ESTA SEMANA!! ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!! 😊

 BICOOOSSS!!


Construíndo...

Bo día familias!

Hoxe propoñémosvos unha actividade moi divertida, con material de refugallo que todos e todas temos pola casa. Nós construímos un castelo...e vós? Esperamos as vosas fotiños!


Moitos biquiños virtuais!

COLOURS AND ANIMALS GAMES

HELLO!
RECORDADES A HISTORIA "BROWN BEAR, BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?" HOXE TRAÉMOSVOS UNS XOGUIÑOS PARA QUE VOS DIVIRTADES REPASANDO O CONTO, AS CORES E OS NOMES DOS ANIMAIS. AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!


LEMBRADE QUE NOS PODEDES MANDAR AS VOSAS FOTOS OU VÍDEOS CONTÁNDONOS CAL É A VOSA COR FAVORITA, OU CAL É O VOSO ANIMAL FAVORITO DO CONTO. ENCÁNTANNOS OS TRABALLIÑOS QUE MANDASTES ATA AGORA!

miércoles, 29 de abril de 2020

XOGANDO COS NOMES

MOI BO DÍA FAMILIAS! 

AQUÍ VAI OUTRA RECOMPILACIÓN COAS FOTIÑOS DOS NOMES QUE NOS CHEGARON. MOITAS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR 😊

ENCANTOUNOS VER TODAS ESTAS OBRAS DE ARTE!! NON DEIXEDES DE MANDAR AS COUSIÑAS QUE IDES FACENDO COS VOSOS PEQUENOS E PEQUENAS DURANTE ESTES DÍAS.

BICOS VIRTUAIS PARA TOD@S!! E MOITO ÁNIMO!!








martes, 28 de abril de 2020

PROPOSTAS MOTRICIDADE FINA

Bo día familias! 
Hoxe traemos estas propostas para traballar a motricidade fina na casa. Ademáis estimularemos a atención, a concentración ou a precisión. E conceptos coma número ou cantidade. 
Bicos e apertas xiganteeeeeeeees! E moito moito ánimo! ☺
 

lunes, 27 de abril de 2020

BICOS PARA TODOS

QUERIDAS FAMILIAS,
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA RECOMPILACIÓN DE TODOS OS BICOS QUE NOS CHEGARON.
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!
ANIMAMOS A TODAS AS FAMILIAS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE FORMA ACTIVA.

BICOS VIRTUAIS PARA TOD@S

VÍDEO BICOS

SESIÓN Nº4 PSICOMOTRICIDADE

Ola!!

Que tal? Supoño que seguides ben, e seguro que esta semana mellor!!

Veña! A seguir movéndose cos xogos e actividades! Non vos esquezades de que algunhas cousas poderedes facelas sen problema, e outras resultaranvos máis difíciles, pero non vos preocupedes, non pasa nada! O importante é intentalo e pasalo ben!

Veña!! A seguir con ánimo!!

Un saúdo moi grande do profe David!!



A seguir con moito ánimo! 


SESIÓN Nº4 PSICOMOTRICIDADE

viernes, 24 de abril de 2020

VÍDEO DOS DISFRACES

OLA OLA FAMILIAS!!

AQUÍ VOS  DEIXAMOS UNHA RECOMPILACIÓN CON TODAS AS PERSOAS QUE SE ANIMARON A DISFRAZARSE DURANTE ESTOS DÍAS DE CONFINAMENTO. 

E....QUEN SABE? IGUAL ATA VEDES ALGÚN PROFE POR AÍ...A VER QUEN DESCUBRE QUEN É QUEN E DE QUE VAI DISFRAZADO 😁

MANDÁMOSVOS UNHA APERTA ENORME!! E MOITO ÁNIMO!! 


WHAT'S YOUR FAVOURITE COLOUR?

HELLO!
DESPOIS DE REPASAR OS ANIMAIS E AS CORES CO CONTO "Brown bear, brown bear, what do you see?", HOXE IMOS SEGUIR FALANDO DAS CORES.
PARA COMEZAR, UN CONTO: MONSTERS LOVE COLORS
AND YOU? DO YOU LIKE COLOURS? LET'S PRACTISE THE COLOURS NAMES WITH A SONG!

TEACHER SERGIO AND TEACHER MARTA HAVE A QUESTION FOR YOU...
BUSCADE POLA CASA COUSAS DA VOSA COR FAVORITA E MANDÁDENOS UNHA FOTO OU UN VÍDEO DICINDO CAL É A VOSA COR FAVORITA!
E... SE QUEREDES FACER MONSTROS DE CORES COMA OS DO CONTO....PREMEDE NA IMAXE E VOS DAMOS UNHA IDEA

jueves, 23 de abril de 2020

DIA DO LIBRO

MOI BO DÍA, FAMILIAS!!

HOXE É UN DÍA MARCADO NOS CALENDARIOS DE TOD@S OS QUE AMAMOS OS LIBROS E A LITERATURA, QUE NON PODE PASAR POR ALTO...

HOXE, É O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO PERO UN DÍA MOI DIFERENTE AOS VIVIDOS DENDE 1988, CELEBRACIÓN PROMOVIDA POLA UNESCO PARA FOMENTAR A LECTURA, A INDUSTRIA EDITORIAL E A PROTECCIÓN INTELECTUAL, POR MEDIO DOS DEREITOS DE AUTOR. 

HOXE, MÁIS CA NUNCA, TEMOS QUE TER OS LIBROS MOI PRESENTES PARA SOÑAR E DEIXAR VOAR A NOSA IMAXINACIÓN E A DOS NOSOS NENOS E NENAS!

AQUÍ VOS DEIXAMOS, DOUS CONTIÑOS PARA DESFRUTAR EN FAMILIA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!

MOITOS BICOS VIRTUAIS E UNHA APERTA APRETADIÑA!!!!


CONTOS



miércoles, 22 de abril de 2020

ANIMAIS CON PEGADAS

ANIMÁDESVOS A FACER ESTES ANIMALIÑOS TAN CHULIS COAS VOSAS PEGADAS?

SOAMENTE PRECISADES PINTURA E MOITAS GANAS DE DESFUTAR...

#CREAMOSCOASNOSASPEGADAS#DEIXAVOARATÚAIMAXINACIÓN


DÍA DA TERRA

BOS DÍAS FAMILIAS!! HOXE, 22 ABRIL, É O 50 ANIVERSARIO DO DÍA DA TERRA,PARA CONCIENCIAR SOBRE A IMPORTANCIA DO SEU COIDADO E PROTECCIÓN. DENDE A OMS PROPONSE DENDE O ANO 2005, NOMEAR "CAMPEÓNS DA TERRA" AS PERSOAS QUE TEÑEN PEQUENOS XESTOS OU PARTICIPAN EN MOVEMENTOS PARA CONCIENCIAR AO SEU REDOR SOBRE A NECESISADE DE FACER ALGO POLO MEDIO AMBIENTE. PARÉCEVOS SE HOXE OS NENOS E NENAS DE CARRAL NOS CONVERTIMOS EN "CAMPIÓNS DA TERRA"? POIS ATENTOS...

ISTO É O QUE TEDES QUE FACER...




ADEMAIS, DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNHA CANCIÓN PRECIOSA, DE MAMÁ CABRA, PARA QUE ESCOITEDES E BAILEDES EN FAMILIA! 


UN BICO VIRTUAL FAMILIAS!

lunes, 20 de abril de 2020

SESIÓN PSICOMOTRICIDADE Nº3


Veña!! A seguir con moito ánimo cos xogos e actividades! Ademais vós podedes facer todos os xogos e deporte que poidades.

A moverse e a pasalo ben! 

Saúdos do profe David!!



SESIÓN Nº3 PSICOMOTRICIDADE

viernes, 17 de abril de 2020

HORA DO CONTO!

BOAS FAMILIAS!
HOXE DEIXAMOS UN VÍDEO DUN CONTO MOI ESPECIAL: INVENTADO,ESCRITO E ILUSTRADO POLOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!
UN BIQUIÑO!


jueves, 16 de abril de 2020

STORYTIME: BROWN BEAR, BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?

HELLO!

SON MARTA, A  NOVA PROFE DE INGLÉS. AGARDO QUE ESTEADES TODOS BEN.
SINTO QUE NOS COÑEZAMOS NESTAS CIRCUNSTANCIAS.
PARA COMEZAR, AQUÍ UN VÍDEO DUN DOS MEUS CONTOS FAVORITOS “BROWN BEAR, BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE’” AO MELLOR XA O COÑECEDES EN GALEGO OU CASTELÁN … ESCOITADE O CONTO NO VÍDEO QUE VOS DEIXO A CONTINUACIÓN.
WHAT’S YOUR FAVOURITE ANIMAL IN THE STORY?
PODEDES MANDAR UNHA FOTO DO VOSO ANIMAL FAVORITO DO CONTO DEBUXADO  OU FEITO CON PLASTILINA OU CO QUE TEÑADES E SE VOS OCURRA AO CORREO: helloteachermarta@gmail.com

E SE QUEREDES, PODEDES FACERVOS UN COLLAR COMA O MEU PARA CONTAR O CONTO  EMPREGANDO  A FOLLA IMPRIMIBLE QUE VOS DEIXO AQUÍ, OU DEBUXANDO VÓS MESMOS OS ANIMAIS!

E, PARA REMATAR, PREMEDE NO MICRÓFONO E... SINGING TIME!

ESTADE MOI ATENTOS PORQUE NUNS DÍAS DEIXAREMOSVOS TAMÉN UNHAS ACTIVIDADES PARA XOGAR CO CONTO!

SEE YOU!

AXENDA TELEFÓNICA

miércoles, 15 de abril de 2020

O NOSO NOME

Bo día familias!

Hoxe deixámosvos unha sinxela actividade: Escribir o noso nome con obxectos que atopemos pola casa. Aquí vos deixamos os nosos!


Moitos bicos virtuais! 😘 Ánimo familias!

martes, 14 de abril de 2020

SESIÓN Nº2 DE PSICOMOTRICIDADE

Ola de novo a todos e todas!

Que tal? Espero que sigades ben facendo cousas coa vosa familia.

Imos continuar movendo o corpo! Lembrade que podedes facelo toda a familia xunta e así desfrutar todos xuntos.

Non vos esquezades de que algunhas cousas poderedes facelas sen problema, e outras resultaranvos máis difíciles, pero non vos preocupedes, non pasa nada! Son voluntarias, podedes modificalas, adaptalas, e inventar outras novas. O obxectivo é facer un pouco de exercicio físico, moverse e pasalo ben!

A seguir con moito ánimo! 

Espero vervos o antes posible! 

Saúdos do profe David!

SESIÓN Nº2 PSICOMOTRICIDADE

MARIONETAS CON CALCETÍNS

Bo día a todos e todas! Cómo vos atopades hoxe? Agardamos que moi ben!

 Hoxe traémosvos unha manualidade para facer en familia. Trátase dunha marioneta feita cun calcetín.  No enlace atoparedes o material que se precisa e os pasos a seguir.


 Gustaríanos moito que enviarades un vídeo coa marioneta saudando aos compis, contando un miniconto, mandando unha mensaxe de ánimo...


 Arriba a imaxinación!


 E por suposto, moitos bicos e apertas para todos e todas!

 

lunes, 13 de abril de 2020

DE QUE COR É UN BICO?


PRECISAMOS DA VOSA AXUDA!!! 

Hoxe, 13 de abril, é un día moi especial: O DÍA DO BICO! Pero xurdiunos unha dúbida e precisamos da vosa axuda: vós sabedes de que cor son os bicos? Deixámosvos aquí este conto tan chuli, por se vos pode axudar en algo na vosa investigación. O único que tedes que facer é debuxar/colorear un bico explicando a cor que escolléstedes, o motivo e (na medida do posible) a emoción que representa para vos ese bico. Eu (Adriana) xa escollín o meu. Queredes sabelo? Pois... a que esperades? Mirade o vídeo!
          ⬇


Sabemos que a situación que estamos a vivir actualmente, fai este día aínda máis especial, xa que non podemos dar todos eses bicos que tanto nos gustaría... dende o equipo de infantil mandámosvos moito ánimo e moitísimos bicos virtuais!

lunes, 6 de abril de 2020

DISFRAZÁMONOS?

BOS DÍAS FAMILIAS!!

Que mellor que disfrazarse e imaxinarse un mundo cheo de aventuras? Co pouco que teñamos na casa e un chisco de maña, poderemos crear momentos moi divertidos cos vos@s pequen@s e non deixarnos de sorprendernos pola súa gran capacidade de imaxinación!!

Dende aquí VOS ANIMAMOS A QUE VOS DISFRACEDES e mandedes as vosas fotiños ao correo infantilcarral@gmail.com. Logo, faremos un pequeno vídeo con todas elas 😊

Esta vai ser a nosa última proposta polo de agora. Volveremos despois de Semana Santa con novas ideas, pero antes... aquí vos deixamos cunha pequena:


De parte de todo o equipo de infantil vos mandamos un montón de bicos!! COIDÁDEVOS MOITO!!

viernes, 3 de abril de 2020

CONTOS CONTADOS


BO DÍA FAMILIAS!!!
HOXE DEIXAMOS O ENLACE PARA QUE POIDADES DESFRUTAR DOS MARAVILLOSOS CONTOS QUE CADA DÍA COMPARTE KALANDRAKA TV.


MOITOS BICOS E APERTAS PARA TODOS E TODAS!!


KALANDRAKA TV

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE AUTISMO


E para coñecer un pouco máis sobre o día de hoxe, Día mundial de concienciación sobre autismo, propoñémosvos visualizar unhas curtas....

EL CAZO DE LORENZO

FLOAT

ACADEMIA DE ESPECIALISTAS


E tamén, un videoclip que presentou a Asociación de Familias Azuis, co apoio da Secretaría de Política Lingüïstica, para visualizar o autismo, eliminando falsos mitos e celebrando a diversidade de xeito optimista. 

NUN MAR AZUL

BAILEMOS XUNTOS!!!!

HORA DO CONTO

SABEDES QUE?

HOXE, DÍA 2 DE ABRIL, É O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, que conmemora o nacemento do escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Dende o equipo de infantil cremos que a mellor maneira é achegarnos a literatura, da man dos contos, que vos deixamos no seguinte enlace...

MONSTRUOSA SORPRESA 

PEQUENA SEMENTE 

Desfrutade deles!!


CONTIDOS DIXITAIS EN ABERTO

BOA TARDE, FAMILIAS!!!!

A plataforma GaliciaLe pon a disposición pública os seus contidos dixitais. Esteas rexistrado ou non, terás acceso a libros, revistas e audiovisuais de xeito gratuíto. Rematada a corentena poderás achegarte a unha biblioteca pública e xestionar o teu carné, nun prazo non superior a 30 días.

Non deixes de ler!!!
GaliciaLE

Tamen informámosvos que a rede de Biblitecas Municipais do Concello da Coruña puxo en marcha unha interesante actividade que se desenvolve todos os días ás 18h. Soamente tedes que acceder á súa páxina de facebook, onde ademáis de seguir en directo a retrasmisión, podedes tamén acceder en calquera momento, e sempre que o desexedes, para ver os vídeos que quedan gardados no seu perfil.