viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA FIN DE CURSO


BO DÍA FAMILIAS!

HOXE É O DERRADEIRO DÍA DO CURSO.

QUERIAMOS AGRADECERVOS UNHA VEZ MÁIS QUE ESTIVERADES APOIÁNDONOS DÍA A DÍA. TODOS E TODAS VOS ESFORZASTES MOITO PARTICIPANDO NAS ACTIVIDADES PROPOSTAS, ISTO FIXO QUE INTENTARAMOS DAR O MELLOR DE NÓS.
TODO O PROFESORADO DE INFANTIL DESÉXAVOS UN FELIZ VERÁN!
CANTO NOS GUSTARÍA PODER DESPEDIRNOS DOS NOSOS PEQUENOS E PEQUENAS, E INUNDALOS DE BICOS E APERTAS!!
NON DEIXEDES DE XOGAR AO AIRE LIBRE, DE BRINCAR, CANTAR, BAILAR, LER MOITOS CONTOS...

MOITOS BICOS FAMILIAS!


AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO VÍDEO DOS PROFES:

VÍDEO DESPEDIDA EDUCACIÓN INFANTIL

jueves, 18 de junio de 2020

ISTO ACÁBASE...

MOI BOS DÍAS FAMILIAS!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA ÚLTIMA RECOMPILACIÓN DAS FOTIÑOS QUE NOS CHEGARON ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS AO CORREO. ENCANTOUNOS PODER VERVOS! 

ASÍ MESMO, QUEREMOS AGRADECER INFINITAMENTE O VOSO APOIO E DARVOS AS GRAZAS A TOD@S POR ACOMPAÑARNOS DÍA A DÍA, DENDE O OUTRO LADO DA PANTALLA! 😊

DE PARTE DE TODO O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL, VOS MANDAMOS MOITOS BICOS E APERTAS! 






PD: NON PERDADES A CITA DE HOXE ➜ CONCERTO DE FIN DE CURSO ÁS 17:00H (A ESA HORA PINCHADE NO ENLACE A YOUTUBE QUE VOS CHEGOU POLA APLICACIÓN ABALARMÓBIL).

HAPPY HOLIDAYS!

O CURSO CHEGA AO SEU FIN, E TOCA DESPEDIRSE ATA O CURSO QUE VEN. DEIXÁMOSVOS AQUI ABAIXO UNHA COMPILACIÓN DE XOGOS, HISTORIAS, E MÚSICA  EN INGLÉS POR SE ESTE VERÁN QUEREDES USALOS CANDO XA ESTEADES CANSADOS DE PRAIA, PISCINA, PICNICS, XOGOS AO AIRE LIBRE, MIMOS DA FAMILIA... DESEXÁMOSVOS QUE PASEDES UN GRAN VERÁN CHEO DE DIVERSIÓN E AVENTURAS!
SEE YOU IN SEPTEMBER!
ENGLISH GAMES:
ENGLISH SONGS:


miércoles, 17 de junio de 2020

CONCERTO FIN DE CURSO

Ola familias!

Antes de nada queremos agradecervos o voso traballo destes últimos meses. Sabemos que foi unha situación moi estraña para todos, pero a vosa actitude foi exemplar.

Xa estamos na recta final do curso, e para mañá, xoves 18, tiñamos organizado un concerto no que desfrutaríamos moitísimo. Tristemente non vai poder ter lugar da maneira que nos gustaría, pero non podíamos deixar aos nosos pequenos e pequenas sen un pequeno agasallo. 

Poderedes divertirvos con "Cé Orquestra Pantasma" a través do enlace de youtube que vos enviamos por abalar móbil. Ademais, teredes a opción de participar virtualmente a través do chat da aplicación. O concerto será mañá xoves ás 17h da tarde.

Agardamos que o desfrutedes moitísimo!

Moitísimos bicos e apertas e... A BRINCAR!

FARM ANIMALS

HELLO!
AQUI VOS DEIXAMOS O VÍDEO COS "FARM ANIMALS" QUE COMPARTISTES CON NÓS.
GREAT JOB! THANK YOU!

martes, 16 de junio de 2020

ANIVERSARIOS DE MAIO E XUÑO


BO DÍA FAMILIAS!
HOXE VOS DEIXAMOS UNHA FELICITACIÓN PARA TODOS AQUELES NENOS E NENAS QUE XA CUMPRISTES ANOS EN MAIO OU EN XUÑO.
UN BIQUIÑO ENORME PARA TODOS!


FELICITACIÓN

lunes, 15 de junio de 2020

DESPEDIDA PSICOMOTRICIDADE


BO DÍA FAMILIAS!

Nesta última semana do curso podedes repetir calquera dos xogos e actividades que queirades de todas as semanas pasadas ou facer calquera outro xogo que se vos ocorra...

Este ano non podemos despedirnos en persoa, pero deséxovos que teñades un bo verán, que fagades moitas cousas e que o pasedes moi ben!!

Espero que xoguedes moito e que saiades todo o que poidades ao aire libre!


Vémonos o curso que vén!

Un saúdo moi grande do profe David!!