miércoles, 17 de junio de 2020

CONCERTO FIN DE CURSO

Ola familias!

Antes de nada queremos agradecervos o voso traballo destes últimos meses. Sabemos que foi unha situación moi estraña para todos, pero a vosa actitude foi exemplar.

Xa estamos na recta final do curso, e para mañá, xoves 18, tiñamos organizado un concerto no que desfrutaríamos moitísimo. Tristemente non vai poder ter lugar da maneira que nos gustaría, pero non podíamos deixar aos nosos pequenos e pequenas sen un pequeno agasallo. 

Poderedes divertirvos con "Cé Orquestra Pantasma" a través do enlace de youtube que vos enviamos por abalar móbil. Ademais, teredes a opción de participar virtualmente a través do chat da aplicación. O concerto será mañá xoves ás 17h da tarde.

Agardamos que o desfrutedes moitísimo!

Moitísimos bicos e apertas e... A BRINCAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario