martes, 5 de mayo de 2020

SESIÓN Nº 5 DE PSICOMOTRICIDADE

Ola de novo!!

Que tal? Supoño que ben. Espero que sigades facendo e aprendendo cousas co que vos mandan os outros profes e coa vosa familia. 

Veña!! A seguir movendo o corpo!! Lembrade que podedes facelo toda a familia xunta! E facer todos os xogos e deportes que queirades e poidades.

Non vos esquezades de que algunhas cousas poderedes facelas sen problema e que outras resultaránvos máis difíciles. Pero no vos preocupedes, non pasa nada, porque o importante é intentalo! Son voluntarias. Podedes modificalas, adaptalas e inventar outras novas. Como sempre o obxectivo é moverse e pasalo ben!

Veña!! A seguir con ánimo!! 

Saúdos do profe David!

SESIÓN Nº 5 DE PSICOMOTRICIDADE

No hay comentarios:

Publicar un comentario